O Concello de Sada abre as instalacións deportivas ao aire libre para a realización de actividades deportivas coas limitacións que recolle a Orde Ministerial SND/399/2020. Poderá acceder ás mesmas calquera cidadán que desexe realizar unha práctica deportiva.
O acceso ás distintas instalacións deportivas ao aire libre do Concello de Sada (pistas polideportivas de Paseo Marítimo en Sada e pistas polideportivas das parroquias de Meirás, Carnoedo, Soñeiro, Veigue, Osedo (O Castro) e Mondego) é libre e gratuíto, non podendo coincidir máis de catro persoas nas instalacións ao mesmo tempo (dúas en cada portaría ou canastra e sempre realizando práctica deportiva individual) e un máximo de dúas persoas na pista de tenis do Paseo Marítimo. A Orde Ministerial posibilita que se estableza a concertación de cita previa coa entidade xestora da instalación para que non exista concentración de persoas nas instalacións. Por iso, para unha mellor regulación do acceso o Concello de Sada habilita un formulario de reserva de horario nas instalacións citadas. Aínda que o acceso ás instalacións é libre, terán preferencia para a práctica deportiva aquelas persoas que reservasen mediante o formulario de reserva cando coincidan máis de catro persoas nas instalacións citadas. O período de reserva é dunha hora. Nas instalacións deportivas ao aire libre, poderase permitir a práctica deportiva individual ou aquelas prácticas que se poidan desenvolver por un máximo de dúas persoas no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros. Unicamente poderá acceder cos deportistas un adestrador no caso de que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditarse debidamente, con excepción das persoas con discapacidade ou menores que requiran a presenza dun acompañante. Calquera dúbida ou consulta pode chamar aos teléfonos 671 509 068 / 605 755 571 ou mandar correo a sadadeportes@gmail.com
Se recuerda que no está permitido el uso de las gradas de las pistas polideportivas por otras personas que no sean los propios participantes en las actividades deportivas que cuenten con reserva previa.
Las personas que realicen una reserva deberán tener el comprobante de la misma consigo (mail de confirmación), por si se les requiere por la autoridad competente en algún momento de la reserva.