Sistema de Reservas

Cita administrativa Entradas auditorio

Deportes

O Concello de Sada abre as instalacións deportivas ao aire libre para a realización de actividades deportivas coas limitacións que recolle a Orde Ministerial SND/399/2020. Poderá acceder ás mesmas calquera cidadán que desexe realizar unha práctica deportiva. ver máis

O acceso ás distintas instalacións deportivas ao aire libre do Concello de Sada (pistas polideportivas de Paseo Marítimo en Sada e pistas polideportivas das parroquias de Meirás, Carnoedo, Soñeiro, Veigue, Osedo (O Castro) e Mondego) é libre e gratuíto, non podendo coincidir máis de catro persoas nas instalacións ao mesmo tempo (dúas en cada portaría ou canastra e sempre realizando práctica deportiva individual) e un máximo de dúas persoas na pista de tenis do Paseo Marítimo.

A Orde Ministerial posibilita que se estableza a concertación de cita previa coa entidade xestora da instalación para que non exista concentración de persoas nas instalacións. Por iso, para unha mellor regulación do acceso o Concello de Sada habilita un formulario de reserva de horario nas instalacións citadas.

Aínda que o acceso ás instalacións é libre, terán preferencia para a práctica deportiva aquelas persoas que reservasen mediante o formulario de reserva cando coincidan máis de catro persoas nas instalacións citadas. O período de reserva é dunha hora.

Nas instalacións deportivas ao aire libre, poderase permitir a práctica deportiva individual ou aquelas prácticas que se poidan desenvolver por un máximo de dúas persoas no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

Unicamente poderá acceder cos deportistas un adestrador no caso de que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditarse debidamente, con excepción das persoas con discapacidade ou menores que requiran a presenza dun acompañante.

Calquera dúbida ou consulta pode chamar aos teléfonos 671 509 068 / 605 755 571 ou mandar correo a sadadeportes@gmail.com

  • 1. Pista polideportiva de Sada - Paseo marítimo - TENIS

    09:00:00 a 22:30:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Sada - Paseo marítimo - TENIS

  • 2. Pista polideportiva de Sada - Paseo marítimo - FUTBOL

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Sada - Paseo marítimo - FUTBOL

  • 3. Pista polideportiva de Sada - Paseo marítimo - BALONCESTO

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Sada - Paseo marítimo - BALONCESTO

  • 4. Pista polideportiva de Carnoedo

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Carnoedo

  • 5. Pista polideportiva de Meirás

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Meirás

  • 6. Pista polideportiva de Mondego

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Mondego

  • 7. Pista polideportiva de Osedo (O Castro)

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Osedo (O Castro)

  • 8. Pista polideportiva de Soñeiro

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Soñeiro

  • 9. Pista polideportiva de Veigue

    09:00:00 a 23:00:00 h Luns. Martes. Mércores. Xoves. Venres. Sábado. Domingo.

    Pista polideportiva de Veigue